acetilcoenzima A

acetilcoenzima A
Nome científico: [CH<sub> 3</sub> CO-S.CoA]
s m [BIOQ]

Derivado acetilado do coenzima A (HS.CoA), que actúa como axente de acetilación. Intervén nas principais reaccións metabólicas intracelulares. As fontes biolóxicas máis importantes da acetilocenzima A son: primeiro, a descarboxilación oxidativa do ácido pirúvico; segundo, a β-oxidación dos ácidos graxos; terceiro, a degradación de determinados aminoácidos.

Palabras veciñas

acetilación | acetilar | acetilcelulosa | acetilcoenzima A | acetilcolina | acetildixitoxina | acetilénico -ca