acetilcolina
acetilcolina
(< acetil- + colina)
-
s
f
[BIOQ]
Hidróxido de trimetilamonio (β-acetoxietilo) que exerce un importante papel na fisioloxía da fibra nerviosa.
-
s
f
[BIOQ/MED]
Fármaco que en forma de cloruro ou bromuro se emprega principalmente como parasimpático mimético e como hipotensor.
-
s
f
[FISIOL]
Mediador químico na transmisión do impulso nervioso. Liberada no espacio sináptico, provoca a despolarización da membrana celular, facendo posible a propagación do estímulo ata unha nova fibra nerviosa. Trala despolarización, a acetilcolina hidrolízase pola acción da colinesterasa.