acetileno

acetileno

(< acetil- + -eno, suf dos carburos de hidróxeno)

Nome científico: [CH&#8801;CH]
suf m [QUÍM]

O máis sinxelo dos hidrocarburos non saturados de tripla enlace, extremo da serie chamada acetilénica. Gas moi inflamable que produce co aire mesturas moi estourantes. Tamén pode estourar cando se comprime. Foi descuberto por Davy en 1836 e cara ao 1860 Berthelot efectuou a síntese. Industrialmente obtense pola acción da auga sobre o carburo de calcio ou por pirólise (cracking) de hidrocarburos parafínicos liviáns como o metano. As propiedades químicas do acetileno son as xerais dos hidrocarburos da serie acetilénica. Outras reaccións específicas do acetileno son as vinitacións, etinilacións, carbonilacións e ciclizacións. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais. Emprégase como materia prima para a síntese orgánica.