acetiluro

acetiluro
  1. s m [QUÍM]

    Calquera dos derivados metálicos do acetileno que resultan da substitución dun dos seus hidróxenos: HC≣CM; ou doutros dous: MC≣CM. Son sólidos iónicos que se caracterizan pola presenza na súa rede cristalina de grupos discretos C 2 2 - , e polo feito de que producen acetileno ao se descompor pola acción da auga ou dos ácidos.

  2. s m [QUÍM]

    Compostos organometálicos RC≣CM que resultan da substitución por un metal ou hidróxeno dun hidrocarburo acetilénico terminal.