acevedo
(< lat *acifoliu + suf abundancial-etu)
-
s
m
Lugar poboado de acivros.
Sinónimos: acevral. -
s
m
[BOT/XEOG]
Formación vexetal na que a especie arbórea predominante é o acivro que acada unha altura de ata 12 m. O sotobosque, pobre floristicamente polas limitacións de luz a causa da case total cuberta perenne das follas dos acivros, pode estar formado por bidueiros, abeleiras e pradairos. Aparece en ambientes climáticos eurosiberianos oceánicos, mediterráneos húmidos e, moi especialmente, na confluencia destas dúas rexións corolóxicas. Na Península Ibérica atópase en enclaves favorables nas montañas do noroeste e, de xeito localizado, nos sistemas Central e Ibérico; refuxiada do empuxe de formacións vexetais máis modernas, adaptadas ás mesmas condicións, como é o caso das carballeiras e aciñais. Moitos vertebrados silvestres ou domésticos aproveitan os acevedos como refuxio tanto da calor no verán coma da neve no inverno.
Sinónimos: acevral. -
s
m
[PLANTA]
acivro.