acidificante
acidificante
(< acidificar)
-
adx
[QUÍM]
Que produce un ácido ou fai ácida unha solución.
-
adx
[BIOL]
Organismos, especialmente bacterias, que acidifican o medio no que viven.
-
axente acidificante
[MED]
Medicamento destinado a combater a alcalose ou a facer ácidos os ouriños.