acidimetría
acidimetría
(
s
f
[QUÍM]
Parte da volumetría que abrangue os métodos de análise de substancias de carácter básico por valoración cunha solución dun ácido de concentración coñecida. Os métodos da acidimetría son fundamentais nas reaccións de neutralización ou desprazamento. Mediante o emprego de indicadores de neutralización ponse de manifesto o punto final da reacción. A solución de axente valorante ácido debe ser de concentración perfectamente coñecida. Pódese determinar por valoración con substancias denominadas patrón primario.