acipensérido
acipensérido
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos acipenséridos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes da orde acipenseriformes. Posúen cranio subespatulado e recuberto de ósos con membrana de orixe dérmica, cinco fileiras de escudetes óseos ao longo do corpo e boca tubulosa, carente de dentes, protráctil, ventral e con barbas sensoriais. Comprende diversos xéneros de esturións. Son animais migradores do hemisferio boreal, sobre todo de Europa Oriental e Asia. Nacen nos grandes ríos, onde os adultos penetran cada primavera para desovar.