acio
acio
(< lat acīnu ‘acio’)
-
s
m
[AGR]
Conxunto de uvas que penduran do mesmo talo.
Ex: Os acios xa estaban madurecidos e a vendima sería axiña.
Sinónimos: cangallo, piña. -
s
m
[AGR]
Marca feita cun legón ou aixada que serve para indicar os lindes dunha parcela onde vai colocada a estrema.
Ex: Estaban a facer os acios para dividir as leiras herdadas do seu pai.
-
s
m
[BOT]
Inflorescencia ou infrutescencia que consta dun eixo indefinido do que xorden flores ou froitos sobre pedicelos.