cangallo

cangallo

(< canga)

  1. s m

    Cada unha das ramificacións dun acio.

    Ex: As uvas tintas que temos teñen máis cangallos ca as brancas.

    Sinónimos: cangalla.
  2. s m

    Acio unha vez quitadas ou espremidas as uvas.

    Ex: Nesta colleita os bocois están cheos de cangallos e habemos ter moita augardente e pouco viño.

    Sinónimos: cangalla.
  3. s m

    Persoa alta e de pernas longas que se move con torpeza e lentitude. OBS: Aplícase tanto ao home como á muller.

    Ex: Ela quere ser modelo pero é un cangallo e ninguén a contrata. O fillo é cuspidiño a seu pai, ten os mesmos cangallos.

Palabras veciñas

cangallán -na | 1 cangalleira | 2 cangalleira | cangallo | cangar | Cangas | Cangas