cangar

cangar

(< canga)

  1. v t

    Colocar a canga a un animal de tiro.

    Ex: Aínda non aprenderon a cangar os bois.

    Sinónimos: axugar, xoncer, xunguir.
  2. v t

    Poñer a canga a algúns animais para que non escapen ou pasen por lugares estreitos.

    Ex: Imos cangar os porcos para que non fuxan.

  3. v t

    Dispoñer os cangos nun tellado.

    Ex: Quixemos retellar, pero houbo que cangar de novo todo o tellado.

  4. v t

    Atrancar un lugar ou un acceso de xeito que se impida o tránsito provisional ou permanentemente.

    Ex: A tractorada cangou todas as entradas e saídas da vila. Cangou o acceso á coutada con varias pedras.

    Confrontacións: atascar, atoar, obstruír, trancar.
  5. v t

    Facer soportar unha carga moral ou física.

    Ex: Cangoulle todo o traballo.

  6. v t

    Soster unha carga física ou moral. OBS: Tamén se emprega seguido da preposición con.

    Ex: Cangou con todos os problemas. Cangou o neno no colo durante toda a actuación.

  7. v pron

    Colocarse alguén nun lugar para impedir o paso.

    Ex: Os manifestantes cangáronse no medio da vía do tren para impedir que se movese.

  8. v pron

    Sentir medo ou desasosego.

    Ex: Cangouse co ruído que facían os animais pola noite.

  9. v pron

    Quedar algo atragoado na gorxa por mor dun obstáculo.

    Ex: Cangouse cunha pequena moeda.

  10. v pron

    Dobrarse alguén polo van cara a diante.

    Ex: A miña avoa cángase pola idade que ten.

    Confrontacións: agachar.
  11. v i e pron

    Sentir unha diminución do ánimo ou da forza debido a algunha actividade ou por dificultades.

    Ex: Cangouse polo divorcio do seu fillo e xa non foi quen de superalo. Non lle gustan nada as mudanzas porque axiña se canga todo.

Frases feitas

  • Cangar con dores alleas. Soportar que outras persoas se queixen.

  • Cangouma o demo! Indica malquerenza dun home cara á súa muller.

Palabras veciñas

1 cangalleira | 2 cangalleira | cangallo | cangar | Cangas | Cangas | Cangas
Conxugar
VERBO cangar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cango
cangas
canga
cangamos
cangades
cangan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangaba
cangabas
cangaba
cangabamos
cangabades
cangaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
canguei
cangaches
cangou
cangamos
cangastes
cangaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangara
cangaras
cangara
cangaramos
cangarades
cangaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangarei
cangarás
cangará
cangaremos
cangaredes
cangarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangaría
cangarías
cangaría
cangariamos
cangariades
cangarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangue
cangues
cangue
canguemos
canguedes
canguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangase
cangases
cangase
cangasemos
cangasedes
cangasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangar
cangares
cangar
cangarmos
cangardes
cangaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
canga
-
-
cangade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cangar
cangares
cangar
cangarmos
cangardes
cangaren
Xerundio cangando
Participio cangado
cangada
cangados
cangadas