cangalla
cangalla
(< canga)
-
s
f
[ETN]
Cada unha das pezas de madeira, xeralmente en forma de “u”, que van colocadas a ambos os lados do xugo ou canga e entre as que vai metido o pescozo do animal ao ser xunguido.
Ex: Colocoulles as cangallas ós bois para ir labrar o campo.
Sinónimos: cancil, chancil, pealla. -
s
f
Pao que se ata ao pescozo dun animal para impedir que pase por lugares estreitos.
Ex: Cando entre o porco na corte xa se lle pode quitar a cangalla.
Sinónimos: canga, torga, traba. -
s
f
Angarellas empregadas para transportar envases con auga.
-
s
f
cangallo.