chancil

chancil

(< lat cancelli)

  1. s m

    Cada un dos paos laterais do xugo entre os que vai metido o pescozo dos animais de tiro.

    Sinónimos: cancil, cangalla.
  2. s m

    Pao que se emprega, na matanza, para pendurar o porco polas patas de atrás co fin de que arrefríe e airee antes de partilo.

    Ex: Temos que poñerlle unhas canas no ventre ó porco para penduralo no chancil.

    Sinónimos: cambril, chambaril, pendallo.

Palabras veciñas

Chancerel, Léon | chanchada | chanchar | chancil | Chancillería | chancleta | chancleta