chancil
chancil
(< lat cancelli)
-
s
m
Cada un dos paos laterais do xugo entre os que vai metido o pescozo dos animais de tiro.
Sinónimos: cancil, cangalla. -
s
m
Pao que se emprega, na matanza, para pendurar o porco polas patas de atrás co fin de que arrefríe e airee antes de partilo.
Ex: Temos que poñerlle unhas canas no ventre ó porco para penduralo no chancil.
Sinónimos: cambril, chambaril, pendallo.