Chancerel, Léon
Chancerel, Léon
Escritor e animador teatral. Logo de colaborar con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet, formou unha compañía non profesional coa que investigou a improvisación, a dramatización e o xogo dramático, procedementos que utilizou nas súas propostas de creación de grupos de teatro para a infancia e a mocidade. Foi un dos promotores da regularización da docencia da Expresión Dramática, mesmo publicou en 1936 un libro pioneiro no ámbito do teatro e da educación: Jeux dramatiques dans l’éducation. Introdution a une mêthode (Xogos dramáticos na educación. Introdución a un método).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso