chambaril
chambaril
-
s
m
Barra, normalmente de pao un pouco curvo e cos extremos en forma de frecha, que se emprega para pendurar o porco polas patas traseiras, logo de realizar a súa matanza, co propósito de abrilo e deixar que arrefríe.
Ex: Despois de chamuscar e abrir o porco puxéronlle o chambaril e colgárono.
Sinónimos: cambril, chancil, pendallo. -
s
m
Pao que se coloca de forma vertical na cabezalla do carro para sostelo e mantelo erguido cando está parado.
Sinónimos: gastallo, postallo, sopostallo, tentemozo.