Chancillería

Chancillería
[HIST/DER]

Órgano colexiado supremo da administración de xustiza no Reino de Castela, creado por Enrique II en 1371 co nome de Audiencia. Xoán I de Castela, no 1387, dotouna de oito xuíces letrados ou oidores, dous prelados e os chanceleres de graza e xustiza. A chancelería foi itinerante ata mediados do s XV, cando se estableceu en Valladolid. Os Reis Católicos crearon unha nova chancelería en Ciudad Real, que en 1505 trasladaron a Granada. As novas chancelerías estaban compostas por 16 xuíces do civil ou oidores e tres alcaldes do criminal. Presididas por un gobernador ou rexente, agrupábanse en catro salas do civil, unha do criminal e outra dos fidalgos. As sentencias podían recorrerse en casos de moita gravidade ao Consello de Castela. Perdurou ata a constitución da audiencia borbónica ao longo do s XVIII.

Palabras veciñas

chanchada | chanchar | chancil | Chancillería | chancleta | chancleta | chanco