chancleta
chancleta
-
s
f
Calzado co talón descuberto ou dobrado que se suxeita ao pé pola parte dianteira, usado, sobre todo, no interior da casa.
Ex: Prefiro usar chancletas, porque así o pé queda máis libre.
-
s
f
Calzado que deixa case todo o pé ao descuberto e suxéitase ás dedas grazas a unhas tiras de pel ou plástico, usado sobre todo en praias e piscinas.
Ex: No ximnasio uso chancletas para evitar os fungos.
Confrontacións: chinela.
Frases feitas
-
De chancleta. Forma de levar posto o calzado coa parte traseira dobrada e pisada co talón. Ex: Leva sempre as zapatillas de chancleta porque lle quedan pequenas.