chancleta

chancleta
  1. s f

    Calzado co talón descuberto ou dobrado que se suxeita ao pé pola parte dianteira, usado, sobre todo, no interior da casa.

    Ex: Prefiro usar chancletas, porque así o pé queda máis libre.

  2. s f

    Calzado que deixa case todo o pé ao descuberto e suxéitase ás dedas grazas a unhas tiras de pel ou plástico, usado sobre todo en praias e piscinas.

    Ex: No ximnasio uso chancletas para evitar os fungos.

    Confrontacións: chinela.
  3. s m

    Calzado de goma co que se cobren as zapatillas ou os zapatos para illalos da auga.

    Sinónimos: galocho.
  4. s m

    chanca.

Frases feitas

  • De chancleta. Forma de levar posto o calzado coa parte traseira dobrada e pisada co talón. Ex: Leva sempre as zapatillas de chancleta porque lle quedan pequenas.

Palabras veciñas

chanchar | chancil | Chancillería | chancleta | chancleta | chanco | chancro