canga

canga

(

  1. s f

    Peza de madeira onde vai introducida ou suxeita a cabeza dun animal de tiro para suxeitar ao carro ou ao arado.

    Ex: Explicáronme a maneira de colocar a canga ao boi para que poida tirar do carro.

    Sinónimos: xugo.
  2. s f

    Peza de madeira que vai atravesada nos fungueiros dianteiros dun carro ou peza tamén de madeira, en forma de galla, que se coloca na parte dianteira da cheda, para suxeitar unha gran carga e impedir que caia sobre os animais.

  3. s f

    Pao que se pon atravesado ao pescozo dalgúns animais que andan ceibos para que non poidan pasar duns terreos a outros, especialmente nos lugares estreitos.

    Ex: O porco quedou atrancado coa canga nese valo.

    Sinónimos: cangalla, torga, traba.
  4. s f

    Madeiro atravesado nun camiño que impide ou dificulta o tránsito.

    Ex: Co temporal que houbo caeron árbores formando cangas nos carreiros do monte.

Frases feitas

  • Andar coa canga baixa/abaixada. Estar baixo de moral ou avergoñado por algún motivo.