aconitasa
aconitasa
s
f
[BIOQ]
Enzima do grupo das hidrolasas que cataliza as interconversións de hidratación e deshidratación entre os ácidos cítrico, cis-aconítico e isocítrico que se producen no ciclo de Krebs. A súa actividade máxima ten lugar en presenza de ferro bivalente e de cisteína ou glutatión reducido.