aconsellar

aconsellar

(< consello)

  1. v t

    Dar consello a alguén.

    Ex: Espero que te deixes aconsellar por quen te quere ben.

    Sinónimos: consellar. Antónimos: desaconsellar.
  2. v t

    Indicar a alguén unha boa proposta a seguir.

    Ex: Aconsélloche que deixes o alcol.

    Sinónimos: consellar, recomendar. Antónimos: desaconsellar.
  3. v pron

    Tomar consello de alguén.

    Ex: Cando quixen mercar as accións aconselleime cun experto.

    Sinónimos: consellar. Confrontacións: consultar.

Palabras veciñas

ácono -na | aconsellable | aconsellador -ra | aconsellar | acontecemento | acontecer | aconto -ta
Conxugar
VERBO aconsellar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsello
aconsellas
aconsella
aconsellamos
aconsellades
aconsellan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellaba
aconsellabas
aconsellaba
aconsellabamos
aconsellabades
aconsellaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellei
aconsellaches
aconsellou
aconsellamos
aconsellastes
aconsellaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellara
aconsellaras
aconsellara
aconsellaramos
aconsellarades
aconsellaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellarei
aconsellarás
aconsellará
aconsellaremos
aconsellaredes
aconsellarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellaría
aconsellarías
aconsellaría
aconsellariamos
aconsellariades
aconsellarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconselle
aconselles
aconselle
aconsellemos
aconselledes
aconsellen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellase
aconsellases
aconsellase
aconsellasemos
aconsellasedes
aconsellasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellar
aconsellares
aconsellar
aconsellarmos
aconsellardes
aconsellaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
aconsella
-
-
aconsellade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aconsellar
aconsellares
aconsellar
aconsellarmos
aconsellardes
aconsellaren
Xerundio aconsellando
Participio aconsellado
aconsellada
aconsellados
aconselladas