acontecemento
acontecemento
(
-
s
m
Feito extraordinario ou importante. Pode ter carácter individual, se afecta unicamente á vida dunha persoa, ou colectivo, se implica a un grupo humano ou colectivo social na súa globalidade.
Ex: Para os nenos a festa foi un acontecemento.
Sinónimos: acaecemento, evento, suceso. -
s
m
[LIT]
Unidades mínimas de sentido que, relacionadas dun xeito lóxico ou cronolóxico, dan lugar á historia. Os acontecementos acadan a súa significación en virtude da estruturación da acción.