acontecemento

acontecemento

(

  1. s m

    Feito extraordinario ou importante. Pode ter carácter individual, se afecta unicamente á vida dunha persoa, ou colectivo, se implica a un grupo humano ou colectivo social na súa globalidade.

    Ex: Para os nenos a festa foi un acontecemento.

    Sinónimos: acaecemento, evento, suceso.
  2. s m [LIT]

    Unidades mínimas de sentido que, relacionadas dun xeito lóxico ou cronolóxico, dan lugar á historia. Os acontecementos acadan a súa significación en virtude da estruturación da acción.

Palabras veciñas

aconsellable | aconsellador -ra | aconsellar | acontecemento | acontecer | aconto -ta | acontraltado -da