Acougo

Acougo

Publicación aparecida en xullo de 1971 do Círculo Recreativo Cultural do Porriño, dirixida por Anxo Huete Rodríguez e por Santiago Gilsanz. Desapareceu co número extraordinario de xaneiro-outubro de 1975. Contiña novas culturais, deportivas e locais, amais dunha sección chamada “Nosa páxina galega” onde se publicaban textos literarios de Neira Vilas, Castelao, Lugrís Freire, Amado Carballo e Rafael Dieste, entre outros.