acoutación

acoutación

(< acoutar)

  1. s f [LIT]

    Anotación á marxe dun escrito.

  2. s f [LIT]

    Nun texto teatral, nota explicativa onde se atopan indicacións escénicas do autor para unha posible posta en escena, con referencias ao movemento dos personaxes. Pertencen ao corpo didascálico e paratextual formado por todo o que nun texto dramático non é diálogo: lista de dramatis personae, nome dos personaxes que precede a cada réplica, disposición da escena, movemento dos personaxes, referencias iniciais a unha localización da acción nun espazo e tempo determinados, notas para a montaxe, e citas ou resumes argumentais.

Palabras veciñas

acougar | acougo | Acougo | acoutación | acoutamento | acoutar | acovardado -da