Acre
Acre
Estado federal do Brasil, ao pé dos Andes e no linde co Perú e Bolivia (153.698 km2; 455.000 h [estim 1995]). A súa capital é Rio Branco. De clima tropical, a súa principal riqueza é o caucho e a minería (petróleo, carbón e ouro). Os ríos Purus e Juruà, cos seus afluentes, atravesan o estado de Acre e constitúen, xunto coa aviación, o principal sistema de comunicacción intraestatal. Malia que a poboación era maioritariamente do Brasil, no ano 1867, este país cedeuno a Bolivia; en 1899 proclamouse república independente. Logo da represión dese movemento independentista, no ano 1901, tornou a formar parte do Brasil en 1903, por medio dunha indemnización a Bolivia.