acrobacia

acrobacia

(< acróbata)

  1. s f
    1. Arte de executar pinchos, equilibrios e todo tipo de exercicios perigosos sobre a corda frouxa, cabalos, bicicletas e demais, xunto con outros arriscados exercicios dinámicos.

      Ex: No circo hai varios números de acrobacias.

    2. Acto ou manobra que presenta dificultades excepcionais.

      Ex: Fixo unha acrobacia para non caer no charco.

  2. s f [ESPECT]

    Número de variedades que o artista fai con todo tipo de aparellos como trapecios, aneis, pértegas e arames, ou sen outro accesorio que unha alfombra colocada sobre a pista.

    Ex: O saltimbanqui escordou un pé cando estaba a facer as acrobacias.

  3. acrobacia aérea [AERON]

    Conxunto de movementos de habilidade realizados durante un voo. Considerada unha práctica deportiva, as manobras realizadas empréganse habitualmente nos combates aéreos. As principais figuras acrobáticas son o picado na vertical, o rizo ou looping, o caracol, a caída con perda de velocidade e a volta Immelmann.

Palabras veciñas

acroagnoxia | acroama | acroamático -ca | acrobacia | Acrobat | acróbata | acrobático -ca