acróbata

acróbata

(< fr acrobate < gr ἀκρβατής ‘que anda na ponta dos pés’)

  1. s

    Persoa que practica acrobacias.

    Ex: Os acróbatas tiñan unha axilidade extraordinaria.

    Confrontacións: equilibrista, saltimbanqui.
  2. s [ANIMAL]

    Pequeno marsupial australiano, do tamaño dun rato, que ten en cada costado do corpo unha membrana que une os membros anteriores e posteriores e que lle serve para planear entre as ponlas das árbores.

Palabras veciñas

acroamático -ca | acrobacia | Acrobat | acróbata | acrobático -ca | acrobatismo | acrobionte