Acrotiri

Acrotiri

Cidade da Antigüidade, situada na illa de Tera, artellada en casas de planta rectangular e dúas ou tres alturas en alzado que se dispuñan ao longo de rúas con pequenas prazas irregulares. A súa destrución relaciónase coa erupción do volcán Santorín (ó redor do s XVII a C); o establecemento desta correlación obrigou á revisión da cronoloxía micénica tradicionalmente aceptada.