activismo
(
-
s
m
[POLÍT]
Propaganda activa ao servizo dunha doutrina política, dun partido, dun sindicato ou semellante.
-
s
m
[RELIX]
Tipo de apostolado que acentúa o predominio da acción sobre a oración.
-
s
m
[FILOS]
-
Designación xenérica dalgunhas correntes filosóficas modernas que acentúan o predominio da acción sobre o coñecemento. Neste sentido, o pragmatismo ou o instrumentalismo participan do activismo; sen embargo, a corrente denominada propiamente activista considera que a verdade é independente da experencia que teñamos dela, como postulaba Eucken. Por esta razón, ás veces, identifícase coa filosofía da acción.
-
Designación das filosofías que consideran propio da natureza humana, unha constante actividade de superación e de conquista, como a de Jean-Marie Guyau e a de Friedrich Nietzsche.
-