activo -va
(< lat actīvu)
-
adx
Que obra ou ten o poder de obrar.
Ex: O Etna é un volcán activo. A súa vida activa obrígalle a relacionarse con persoas de todas as clases sociais.
-
adx
Que implica acción, que actúa.
Ex: Tomou parte activa na resolución do problema que afectaba á comunidade.
-
adx
-
Que obra axiña, sen dilación.
Ex: O veleno da serpe de coral é moi activo.
-
Que realiza con dilixencia as súas actividades e que non pode estar sen facer nada.
Ex: En Galicia, hai moi poucos políticos activos. O seu carácter activo lévaa a iniciar novos proxectos.
-
-
[DEMOG]
-
poboación activa
Segmento da poboación en idade laboral. Segundo a lexislación europea é a comprendida entre os dezaseis e os sesenta e cinco anos.
-
vida activa
Período de tempo en que un individuo pode exercer unha actividade profesional produtiva.
-
poboación activa
-
adx
[DER]
Funcionario que presta os seus servicios na administración pública ou semellante; do membro dunha corporación que colabora actualmente nas súas tarefas.
-
adx
[ECON]
Que pertence ao crédito, que dá xuros.
Ex: débeda activa.
-
s
m
[ECON]
Conxunto de bens e créditos dunha empresa, representados por un sistema ordenado de contas, en contraposición ao pasivo ou estrutura financeira. Os elementos do activo preséntanse segundo o maior ou menor grao de liquidez, e o activo divídese, segundo este criterio, en: activo circulante, activo fixo e activo fiticio ou non realizable.
Ex: A empresa ten un activo superior a 45.000.000.
-
adx
[FÍS]
-
Aqueles circuítos ou elementos que conteñen fontes de enerxía.
-
Nunha corrente alterna, aquela magnitude que representa unha certa enerxía real.
Ex: Corrente activa, potencia activa, enerxía activa.
-
-
adx
[FÍS/QUÍM]
Que se atopa en estado de exercer algunha acción física ou química.
-
adx
[FÍS]
radioactivo.
-
adx
[LING]
Por oposición a pasivo, indica aquelas formas verbais que expresan que o suxeito é un actuante, é dicir, que o suxeito realiza a acción que representa o verbo.
Ex: María come moitas lambetadas, onde come representa unha forma verbal e María é o suxeito que realiza esa acción.
-
adx
[QUÍM]
Aquelas substancias que presentan actividade óptica.
-
adx
[QUÍM]
Aquelas substancias que se atopan nunha forma que non é a ordinaria, pero que as fai especialmente aptas para sufrir ou para orixinar certas transformacións, por exemplo, para actuar como catalizadores ou como absorbentes, participar nunha reacción química ou bioquímica, etc.
-
vida activa
[RELIX/MIT]
ida que se manifesta nunha actividade exterior, polo xeral apostolado, oposta á vida contemplativa.
Frases feitas
-
En activo. En actividade, traballadores que aínda non se retiraron ou xubilaron e que seguen a desempeñar o seu traballo.