activo -va

activo -va

(< lat actīvu)

  1. adx

    Que obra ou ten o poder de obrar.

    Ex: O Etna é un volcán activo. A súa vida activa obrígalle a relacionarse con persoas de todas as clases sociais.

  2. adx

    Que implica acción, que actúa.

    Ex: Tomou parte activa na resolución do problema que afectaba á comunidade.

  3. adx
    1. Que obra axiña, sen dilación.

      Ex: O veleno da serpe de coral é moi activo.

    2. Que realiza con dilixencia as súas actividades e que non pode estar sen facer nada.

      Ex: En Galicia, hai moi poucos políticos activos. O seu carácter activo lévaa a iniciar novos proxectos.

  4. [DEMOG]
    1. poboación activa

      Segmento da poboación en idade laboral. Segundo a lexislación europea é a comprendida entre os dezaseis e os sesenta e cinco anos.

    2. vida activa

      Período de tempo en que un individuo pode exercer unha actividade profesional produtiva.

  5. adx [DER]

    Funcionario que presta os seus servicios na administración pública ou semellante; do membro dunha corporación que colabora actualmente nas súas tarefas.

  6. adx [ECON]

    Que pertence ao crédito, que dá xuros.

    Ex: débeda activa.

  7. s m [ECON]

    Conxunto de bens e créditos dunha empresa, representados por un sistema ordenado de contas, en contraposición ao pasivo ou estrutura financeira. Os elementos do activo preséntanse segundo o maior ou menor grao de liquidez, e o activo divídese, segundo este criterio, en: activo circulante, activo fixo e activo fiticio ou non realizable.

    Ex: A empresa ten un activo superior a 45.000.000.

  8. adx [FÍS]
    1. Aqueles circuítos ou elementos que conteñen fontes de enerxía.

    2. Nunha corrente alterna, aquela magnitude que representa unha certa enerxía real.

      Ex: Corrente activa, potencia activa, enerxía activa.

  9. adx [FÍS/QUÍM]

    Que se atopa en estado de exercer algunha acción física ou química.

  10. adx [FÍS]

    radioactivo.

  11. adx [LING]

    Por oposición a pasivo, indica aquelas formas verbais que expresan que o suxeito é un actuante, é dicir, que o suxeito realiza a acción que representa o verbo.

    Ex: María come moitas lambetadas, onde come representa unha forma verbal e María é o suxeito que realiza esa acción.

  12. adx [QUÍM]

    Aquelas substancias que presentan actividade óptica.

  13. adx [QUÍM]

    Aquelas substancias que se atopan nunha forma que non é a ordinaria, pero que as fai especialmente aptas para sufrir ou para orixinar certas transformacións, por exemplo, para actuar como catalizadores ou como absorbentes, participar nunha reacción química ou bioquímica, etc.

  14. vida activa [RELIX/MIT]

    ida que se manifesta nunha actividade exterior, polo xeral apostolado, oposta á vida contemplativa.

Frases feitas

  • En activo. En actividade, traballadores que aínda non se retiraron ou xubilaron e que seguen a desempeñar o seu traballo.

Palabras veciñas

actividade | activismo | activista | activo -va | acto | actografía | actográfico -ca