acto
(< lat actu ‘acto, acción’)
-
s
m
Feito realizado polo home, efecto dunha determinación da vontade.
Ex: Moitas das veces os seus actos son inexplicables.
-
s
m
Acontecemento ou feito público.
Ex: Hoxe tivo lugar o acto solemne da inauguración da nova facultade.
-
s
m pl
Actas dun concilio.
-
s
m
[FILOS]
Para Aristóteles e a tradición aristotélica posterior é o estado de existencia real como oposto a potencia ou existencia posible, que fai referencia ao movemento ou ao cambio. Neste sentido, para Aristóteles o acto era, basicamente, o cumprimento ou o logro dunha acción, nunca acción no sentido de cambio ou movemento. Esta concepción do acto como perfección dinámica dunha realidade utilizárona e desenvolvérona varios autores neoplatónicos e cristiáns; aínda que acto e potencia chegaron a grao de demarcación e definición maior coa filosofía escolástica. Así, os escolásticos, sobre todo Santo Tomás, aplicárona tanto á Natureza coma á natureza de Deus (o mutable estaba composto de acto e potencia, sen embargo, Deus era acto puro). Na filosofía contemporánea rompeuse coa tradición escolástica antedita e elabóranse teorías do acto inéditas ata ese momento (Gentile, Whitehead, Husserl e Lavelle), das que a máis coñecida é a de Gentile, para quen o acto é o suxeito pensante que produce a realidade mediante a súa actividade.
-
s
m
[LING]
Unidade significativa de produción verbal na que concorren a un mesmo tempo os seguintes elementos: pronuncia e significado, intención coa que se dixo algo e repercusións que ten o que se dixo.
-
s
m
[LIT/ESPECT]
Cada unha das partes nas que se divide unha obra escénica, separada das outras por un intervalo. No teatro grego, parte na que se desenvolvía a acción fronte ás partes cantadas e recitadas polo coro. Aristóteles defendía un sistema ternario dividido en tres partes ou Pragmata: prólogo que precedía ao coro, episodio entre os dous cantos corais e o final que actúa como separador das partes. Horacio aumentou a cinco o número de actos, división que se espallou no Renacemento e no Clasicismo europeo. O teatro español do Século de Ouro preferiu a división en tres actos e o teatro contemporáneo a estrutura en cadros.
-
s
m
[RELIX]
Expresión feita a Deus para manifestarlle pedimento (acto de atrición e acto de contrición), fe (acto de fe), confianza (acto de confianza) ou amor (acto de caridade).
-
acto tabú
[ANTROP]
Acto máxico ou ritual que participa das interdicións inherentes ao tabú.
-
acto administrativo
[DER]
Declaración de vontade, de xuízo, de coñecemento ou de desexo realizado pola administración pública no exercicio dunha potestade administrativa distinta da regulamentaria.
-
acto de derradeira vontade
[DER]
Disposición que fai a persoa sobre os seus bens despois da súa morte.
Confrontacións: testamento. -
acto de servicio
[DER]
Acto que fai referencia ao cumprimento da función pública por parte dun funcionario, especialmente por parte dun militar ou dun axente armado.
-
acto de seu
[DER]
Acto xurídico dunha persoa que imposibilita a admisión legal dunha pretensión posterior dela mesma que estea en contradición co senso daquel acto.
-
acto ilícito
[DER]
Acto que viola un mandamento ou unha prohibición xurídica, por maldade ou mala vontade ou simple neglixencia. Comporta, como mínimo, unha obriga xeral de indemnizar polo dano causado (responsabilidade civil) e, en determinados casos, provoca a imposición dunha pena (responsabilidade penal).
-
acto preparatorio dun delito
[DER]
Acto ou actos que o autor dun delito realiza antes de comezar a execución da acción delitiva.
-
acto procesual
[DER]
Acto realizado nun proceso polos organismos xurisdicionais e os litigantes destinados a comezar, impulsar e rematar o proceso.
-
acto resolutorio
[DER]
Resolución ditada nun proceso xudicial e que decide, de forma fundamentada, unha incidencia do proceso, levada das cuestións de fondo, que han ser resoltas por medio da sentencia.
-
acto xurídico
[DER]
-
Feito humano realizado por unha vontade consciente e exteriorizada que produce efectos xurídicos. Realízase con anterioridade ao negocio xurídico.
-
Acto no que o comportamento do axente responde a unha vontade de producir determinados efectos xurídicos.
-
-
acto de comercio
[DER/ECON]
Acto comprendido dentro das leis mercantís ou calquera outra de natureza análoga. Segundo o código de comercio español, un acto é de comercio, non por razón da persoa que o efectúa, senón por razón da súa natureza obxectiva. Daquela, non todos os actos dunha empresa mercantil son actos de comercio.
-
acto do home
[FILOS]
Segundo a escolástica, que estableceu unha serie de distincións entre varios tipos de actos, é un acto irreflexivo, que provén do instinto, da rutina e doutros actos nos que non se pode detectar a natureza intelixente e libre do Home. Por esta razón a moral escolástica non considera este tipo de actos. Os filósofos escolásticos definírona en oposición ao acto humano.
-
acto humano
[FILOS]
Segundo a escolástica, que estableceu unha serie de distincións entre varios tipos de actos, é un acto que provén dunha decisión ceibe e dunha reflexión persoal. Por esta razón son o único obxecto da moral escolástica. Os filósofos escolásticos definírono en oposición ao acto do Home.
-
acto puro
[FILOS]
Segundo a escolástica, que estableceu unha serie de distincións entre varios tipos de actos, só se lle pode aplicar a Deus, en tanto que pensamento puro e perfecto e ausente de materia (Deus só é acto). Esa causa, a ausencia de materia, presupón en Deus a inexistencia de potencia debido a que non precisa de ningún outro para ser ou existir.
-
acto reflexo
[FISIOL]
reflexo.
-
acto voluntario
[FISIOL]
Acción ou inhibición consciente controlada polo córtex cerebral.
-
acto positivo
[HIST]
-
Feito que, concorrendo nun certo número, xustificaba e cualificaba a pureza e a nobreza de sangue dunha persoa ou familia, de xeito tan evidente que non fose posible apelación ningunha na contra. A concrección deste acto variaba en cada un dos antigos reinos hispánicos.
-
Documento acreditativo de nobreza e pureza de sangue.
-
-
acto de corte
[HIST/ADM]
Privilexio, edito, pragmática, costume, ordenación, concordia, sentenza ou outro dereito preconstituído, fóra da asemblea lexislativa e sometida á aprobación das cortes, para gozar da mesma forma legal dunha constitución ou dun foro. Cando a iniciativa partía do monarca, o acto de corte viña redactado en forma de constitución ou foro; se era aprobado a pedimento dos brazos ou dun deles, a maior parte das veces recibía a redacción propia dun capítulo de corte.
-
acto morboso
[MED]
Calquera dos actos anormais que realizan os enfermos mentais.
-
acto frustrado
[PSIC]
Comportamento dun suxeito que erra nalgúns actos (como lapsos, esquecementos, perda de obxectos e semellantes). A psicanálise considéraos manifestacións do inconsciente.
-
acto carnal/acto sexual
coito.