Acton, John Francis Edward
Acton, John Francis Edward
Estadista de ascendencia británica ao servizo de Fernando IV de Nápoles que serviu nas mariñas francesa e toscana. No ano 1779 trasladouse a Nápoles, onde foi Ministro de Mariña, de Guerra, de Finanzas e Primeiro Ministro en 1785. Fracasou no intento, axudado polo Reino Unido da Gran Bretaña, de unir os estados italianos contra Francia (1793), polo que se tivo que exiliar en Sicilia (1798). Volveu ao poder pouco despois e, de acordo coa súa ideoloxía absolutista, promoveu a represión dos republicanos napolitanos do ano 1799. Exiliado de novo no 1804, torna ao poder no 1805; cando ao ano seguinte as tropas francesas napoleónicas entraron en Nápoles, trasladouse a Sicilia definitivamente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Besançon, Franco Condado -
Deceso
Lugar : Palermo, Sicilia