actualización

actualización

(< actualizar)

  1. s f

    Acción e efecto de actualizar.

    Ex: O claustro de profesores foi a un curso de actualización de Lingua Galega.

  2. s f

    Expresar unha certa cantidade monetaria do pasado en termos adquisitivos actuais tendo en conta a desvalorización sufrida.

  3. s f [INFORM]

    Conxunto de instrucións de programación coas que se mellora algún aspecto dunha aplicación informática ou se corrixen erros que aquela puidese conter ou ben se evita que os poida provocar.

  4. s f [INFORM]

    Posta ao día dunha páxina web na Internet.

  5. actualización da norma [LIT]

    Elementos funcionais nun poema que supoñen unha ruptura da estrutura métrica e introducen algún cambio na norma rítmica.

Palabras veciñas

Actualidad, La | actualidade | actualismo | actualización | actualizar | actuante | actuar