actualismo

actualismo

(

  1. s m [FILOS]

    Doutrina filosófica de Giovanni Gentile, que considera que o principio da realidade se atopa no espírito concibido como un acto puro.

  2. s m [XEOL]

    Teoría segundo a cal os fenómenos xeolóxicos do pasado teñen causas idénticas ás actuais, se ben poden ter diferente intensidade e velocidade. Os principais promotores do actualismo foron Hutton, quen afirmaba que o “presente é a chave do pasado”, e Charles Lyell, quen se opuxo ao catastrofismo de Cuvier coa súa publicación Principles of geology (Principios de xeoloxía, 1848). O actualismo, en tanto que permite a observación, a elaboración de hipóteses e a experimentación e verificación, constitúe o método científico da xeoloxía.

Palabras veciñas

Actualidad, La | Actualidad, La | actualidade | actualismo | actualización | actualizar | actuante