actualismo
actualismo
(
-
s
m
[FILOS]
Doutrina filosófica de Giovanni Gentile, que considera que o principio da realidade se atopa no espírito concibido como un acto puro.
-
s
m
[XEOL]
Teoría segundo a cal os fenómenos xeolóxicos do pasado teñen causas idénticas ás actuais, se ben poden ter diferente intensidade e velocidade. Os principais promotores do actualismo foron Hutton, quen afirmaba que o “presente é a chave do pasado”, e Charles Lyell, quen se opuxo ao catastrofismo de Cuvier coa súa publicación Principles of geology (Principios de xeoloxía, 1848). O actualismo, en tanto que permite a observación, a elaboración de hipóteses e a experimentación e verificación, constitúe o método científico da xeoloxía.