Actualidad, La

Actualidad, La
[PUBLIC]

Xornal aparecido o 18 de xullo de 1895 en Pontevedra e subtitulado “Diario de Pontevedra” e máis tarde “Diario Liberal Conservador”. Desapareceu o 17 de outubro dese ano, cando chegaba ao número 68. Contiña algunhas composicións en galego de Manuel Martínez González e Francisco Mª da Iglesia, xunto con reproducións de poemas de Curros Enríquez e Lamas Carvajal; amais unha sección chamada “Postres” onde se recollían cancións e contos en galego e en castelán, da autoría de Marcial Valladares, Xesús Muruais, Neira Cancela e Manuel Murguía.

Palabras veciñas

actriz | actuación | actual | Actualidad, La | Actualidad, La | actualidade | actualismo