actualidade

actualidade

(< lat actualitāte)

  1. s f

    Calidade de actual.

    Ex: Interésanlle moito os temas de actualidade.

  2. s f

    Conxunto dos feitos recentes ou actuais.

    Ex: Todas as mañás escoita a radio para saber da actualidade.

  3. s f

    Tempo presente.

    Ex: Na actualidade moitos dos prexuizos de antano están superados.

    Confrontacións: contemporaneidade.
  4. s f [COMUN]

    Reprodución cinematográfica de realidades achegadas no tempo. Orixinado en Francia cos filmes dos Lumière, acadou un rápido éxito popular que determinou a aparición das actualidades reconstituídas, que daban unha versión trucada de feitos auténticos. Cara ao 1910 fíxase a fórmula das revistas de actualidade: montaxe de fragmentos de temas diversos -feitos políticos, bélicos, deportivos, artísticos, moda e outros- cunha duración aproximada duns once minutos. A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa puxeron en evidencia o valor propagandístico deste xénero: Fox Movietone, americana; Éclair, francesa; UFA, alemana; Luce, italiana; e NO-DO, española, foron revistas que ofrecían unha información mediatizada. Actualmente, coa aparición dos xornais televisados, o emprego directo do xénero quedou moi reducido.

Palabras veciñas

actual | Actualidad, La | Actualidad, La | actualidade | actualismo | actualización | actualizar