acuarela

acuarela

(< it acquarella < lat aqua ‘auga’)

s f [PINT]

Tipo de pintura de cores transparentes, acadados pola disolución dos pigmentos en auga e goma arábiga. A transparencia das capas de pintura, da que depende a intensidade da cor, impide a corrección da pincelada, o que converte a acuarela nunha técnica de carácter moi espontáneo. Na Idade Media empregábase unha técnica semellante na ilustración dos manuscritos. Posteriormente, na Alemaña, pintores como Durero e Holbein utilizárona para dar unha nota de cor aos seus debuxos. A implantación definitiva chegou coa escola paisaxística inglesa dos ss XVIII e XIX (Girtin, Cotman, Turner, Constable, Bonington e outros) e máis tarde foi adoptada polo impresionismo francés.

Palabras veciñas

acu(i)- | acualítico | acuar | acuarela | acuarelista | 1 acuario | 2 acuario