1 acuario

1 acuario

(

  1. s m

    Recipiente destinado á exhibición e mantemento de animais acuáticos vivos, cunha finalidade didáctica ou decorativa. As súas formas máis habituais son a esférica e a prismática de base rectangular. Dispón duns filtros para eliminar os desperdicios e os excrementos. Hai acuarios de auga quente destinados a especies que precisan unha temperatura superior a 20°C. Para manter o nivel de osíxeno e dióxido de carbono disoltos na auga dentro dos límites apropiados é preciso insuflar aire comprimido por medio dunha bomba de membrana. Por outra banda, a iluminación é importante para a vida dos peixes e as plantas.

  2. s m

    Edificio ou local no que se atopan unha serie de recipientes ou depósitos destinados ao mantemento e á exhibición de animais acuáticos cunha finalidade fundamentalmente didáctica.

    Ex: Visitaron o acuario do Grove esta fin de semana.

Palabras veciñas

acuar | acuarela | acuarelista | 1 acuario | 2 acuario | Acuario | acuariofilia