Acuario
Acuario
(< lat Aquarĭus)
-
[ASTRON]
Constelación zodiacal situada entre Capricornio e Pisces, décimo primeiro signo do zodíaco que o Sol percorre aparentemente dende o 21 de xaneiro ata o 18 de febreiro.
-
Décimo primeiro signo do Zodíaco. Como todos eles, coincidía coa constelación do mesmo nome nos tempos de Hiparco; sen embargo, como consecuencia da precisión dos equinoccios, cando entra este signo o sol atópase, de feito, na constelación de Capricornio. O seu período comprende do 21 de xaneiro ao 18 de febreiro.