aculturación
(< ingl acculturation)
-
s
f
[ANTROPCULT/SOCIOL]
Proceso de muda ou troco cultural. A palabra aculturación emprégase para indicar que determinadas estruturas culturais foron introducidas nunha formación social da que non son propias a través do seu contacto. O proceso e feito de aculturación denomínase empréstito cultural. A aculturación é un dos obxectos de estudo prioritarios da denominada historia cultural, que estudia a estrutura dunha cultura histórica considerada funcionalmente. En todo estudo de aculturación aparecen sempre dous elementos históricos estruturalmente dinámicos: a cultura doadora e a cultura receptora; en ambas, o proceso de aculturación implica un readaptamento cultural. O fenómeno foi estudado sobre todo en sociedades primitivas que sufriron modificacións substanciais na súa estrutura cultural como consecuencia do seu contacto con culturas máis complexificadas. O estudo dun proceso de aculturación comporta o establecemento do estado previo de cada sistema cultural, das condicións do seu contacto, das dinámicas da muda e do sincretismo resultante.
Ex: Os pobos indíxenas sufriron unha aculturación enorme ó longo dos séculos.
-
s
f
[LING]
Proceso de modificación do sistema lingüístico como resultado da interacción con outro.
Ex: Moitos dos cambios lingüísticos débense á aculturación entre as linguas.