aculturado -da
aculturado -da
(< aculturar)
-
adx
[ANTROPCULT/SOCIOL]
Individuo que presenta formas de vida, condutas e comportamentos diferentes das que lle son propias pola súa cultura.
Ex: Cando Brais regresou do Brasil era un individuo aculturado que esquecera as tradicións da terra.
-
adx
Aplícase á sociedade obxecto de aculturación.
Ex: O contacto entre os distintos países provoca sociedades aculturadas.