acumulativo -va
acumulativo -va
(
-
adx
Que se acumula.
Ex: Na tómbola hai premios acumulativos.
-
baile acumulativo
[ETN]
Danza popular, xeralmente un tipo de baile redondo, no cal a cada pasada ou copla da melodía un novo danzante ou unha nova parella se incorpora á danza, ata chegar a un número determinado. Moi espallado por toda Europa e é propio das conmemoracións folclóricas ao aire libre, das romarías da primavera e das festas da árbore de maio.
-
canción acumulativa
[MÚS]
Tipo de canción popular na que a cada copla ou estrofa se engade un novo elemento á letra e á música. A miúdo a acumulación de elementos musicais acompáñase coa incorporación dun novo cantor.