acusatorio -ria
acusatorio -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente á acusación, especialmente nun proceso penal.
-
sistema acusatorio
[DER]
Procedemento para perseguir e xulgar os delitos, oposto ao sistema inquisitivo. Esixe, como elementos esenciais, acusación concreta, publicidade no proceso, igualdade de dereitos e obrigas entre a acusación e a defensa, liberdade para o acusado ata a sentenza definitiva, posible impugnación por calquera motivo da sentencia, etc. A lexislación española aceptou o sistema acusatorio na fase do xuízo oral ou plenario, mantendo o inquisitivo na do sumario.