Adad ou Hadad
Adad ou Hadad
Deus da treboada, probablemente de orixe hurrita, no panteón sumerio-acadio. Coñécense varios nomes derivados do seu (Benhadad e Hadadezer) e os arameos dábanlle o nome de Iskur; así mesmo, foi especialmente venerado en Asiria e tiña templos en diversas cidades de Babilonia. Segundo a teogonía sumeria controlaba as chuvias e producía os asolagamentos anuais. O seu culto era asociado ao da deusa Adargatis, con quen compartía o dominio do universo. Os romanos identificaron o seu culto co de Helios. Representábase cun raio na man.