Adad-nīrāri I
Adad-nīrāri I
Rei de Asiria. Puxo os alicerces do poder asirio na alta Mesopotamia, que continuaron Salmanassar I e Tukulti-ninurta I, ao consolidar o territorio asirio fronte aos seus veciños. Fronte ao poder de Babilonia, gran rival do sur, logrou revirar a situación, favorable ata ese momento para os babilonios, ao derrotar a Nazimaruttash, rei casita. Así mesmo, freou as incursións dos lulubios e os guti, pobos montañeses dos Zagros que saqueaban as poboacións sedentarias de Mesopotamia. Polo oeste, o Reino de Khanigalbat (territorio residual da antiga Mitanni), que en vida do rei Shattuara I lle rendía vasalaxe, converteuse nunha posesión asiria logo de vencer a Wasashatta, fillo de Shattuara I.
Cronología
-
Deceso
-
Nacemento