Adalid, El
Adalid, El
Publicación fundada no ano 1873 como voceiro do republicanismo federal coruñés. O seu obxectivo inicial foi contrarrestar a crecente influencia que a Asociación Internacional de Traballadores obtiña entre as clases populares de Galicia, tradicionalmente orientadas cara ao republicanismo federal. Así mesmo, dende El Adalid promoveuse a insurrección popular para alcanzar a independencia do Cantón Galaico, secundando o movimento cantonalista inaugurado en Cartagena no ano 1873.